O mércores 15 de novembro plantexamos no noso centro, concretamente na biblioteca, unha charla exposición de como é unha impresora 3D, a nivel usuario.
As nenas e nenos de 4º, 5º e 6º curso tiveron a oportunidade de ver como pode facerse unha por pezas cun software xenérico, e podendo cargarlle deseños propios ou descargados de internet. O ponente foi o pai de dous alumnos do cole e un antigo alumno do mesmo Roberto, pai de Lara 6º e de Dani 4º. Os nenos puideron ver unha demostración real do que se pode facer hoxe en dia cunha impresora así.
O luns 20 pola tarde tivemos un obradoiro científico. Por grupos realizamos varios experimentos científicos moi vistosos. Pasamolo xenial!!!
O mércores 22, tivemos unha charla do pai de Carmen 3º e Juan 5 anos, que nos contou algo sobre reaccións químicas. Foi unha charla para infantil, 1º, 2º e 3ºcurso.
Gracias a todo o que participou e fixo posible este gran mes da ciencia en galego. Repetiremos seguro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario