Seguindo o campionato de campo a través cos clasificados na xornada de Riveira, hoxe marchamos ata Noia a probar sorte, nunha fase na que xa só participaban os 8 mellores de cada categoria das distintas comarcas.
Aínda que parecía unha cousa complicada e todos o sabiamos, volvemos para o cole cunha gran satisfación, todos chegaron á meta entre a primeira metade! Si é que a estes nenos e nenas de Cabo todo se lles da ben!
Ademáis de esto, para que a alegría fose mais grande, temos dous clasificados para o campionato provincial! Noraboa Elisa e Jacobo!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario