O 23 celebramos o día do libro no cole dunha forma moi especial. Estivemos facendo de madriñas e padriños lectores con compañeiras e compañeiros de cursos mais baixos. Por parellas eleximos o noso recanto preferido e empezamos a ler o conto á nosa parella. Ao final fixemos unha posta en común.
Era a primeira vez que o facíamos no cole, pero creo que o imos repetir mais veces porque todo o mundo quedou encantado coa experiencia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario