xoves, 13 de xuño de 2019

10 ó 13 DE XUÑO. SEMANA CULTURAL



Esta semana celebramos a Semana Cultural con multitude de actividades relacionadas coas tradicións e romerías galegas.

O luns inauguramos o castro do cole e a APA Loureda preparou uns xogos tradicionais moi entretidos. 

O martes o equipo de dinamización da lingua galega do centro fixo uns xogos nas distintas idades da historia: antiga, media, moderna, etc.

O mércores fixemos unha excursión a San Ramón de Bealo onde se celebra unha romería de máis de 200 anos de antigüidade. Coñecemos o funcionamento dun muiño de río e descubrimos uns petróglifos que hai pola zona gracias á axuda do arqueólogo Julián.

O xoves disfrutamos da charla de María Jesús Hermo sobre herbas silvestres, aprendemos moitas cousas coas exposicións de 1º e 3º sobre as estacións e sobre os ecosistemas e  pasámolo moi ben facendo xogos da natureza polo patio do centro.

Pinchando na foto de abaixo poderás ver todas as fotos das actividades porque vale máis unha imaxe que mil palabras.



 FOTOS


Ningún comentario:

Publicar un comentario