venres, 16 de outubro de 2020

A MASCOTA DA NOSA BIBLIOTECA

Como broche de apertura da nosa biblioteca este curso, o primeiro que fixemos foi presentarlle aos nenos e nenas a mascota da biblioteca; un papagaio moi especial 🐦. 

Soamente tivemos un problema... que non sabíamos como se chamaba! Xa que non lembraba o seu propio nome! Contámoslle ao nenos e nenas a súa historia, e pedímoslle que nos axudasen a buscar un nome para o pobre papagaio, xa que sen nome será un pouco complicado dirixirse a el. 

Entre todos os cursos do noso cole propuxemos diferentes nomes, e a través dunha votación elexímoslle nome! A nosa mascota chámase... ARCOIRIS!!! Que nome máis bonito! 😍🌈

Entre todos e todas coloreamos e colocamos as plumas que conforman o seu corpo, contando así co noso papagaio como decoración da biblioteca 🐦🐦


Colocamos tamén un buzón de suxerencias para que todos e todas poidamos aportar ideas con respecto á nosa biblioteca. 





Ningún comentario:

Publicar un comentario