venres, 16 de abril de 2021

CONTACONTOS "MIXED. A COLORFUL STORY"

 Levamos a cabo na biblioteca o contacontos "Mixed. A colorful story", do autor Arree Chung. 


Este conto compartímolo cos nenos e nenas en inglés. coa teacher Violeta como encargada de contar o conto. 

A partires desta historia conversamos cos nenos e nenas, abordando o que este libro nos transmite, e falando dos valores que inclúe. Así, falamos por exemplo do poder do amor para vencer o racismo e do valor da diversidade. 


A partires deste libro, explicámoslle aos nenos e nenas as partes dun conto, e buscamos exemplos: 

    -Presentación (cando, onde e quen):  Nunha cidade vivían mesturados seres de tres cores; os azuis, os vermellos e os amarelos. 

    -Nó (problema):  Os seres de cada grupo empezaron a dicir que eran mellor que os dos outros grupos, así que se mudaron a diferentes partes da cidade. 

    -Desenlace (solución): Un amarelo e un verde namóranse e teñen unha filla verde. O resto dos habitantes encaríñanse coa neniña e empezan a relacionarse cos outros grupos. Teñen fillos e fillas de novas cores. Deixan de vivir en diferentes partes da cidade. 


Tamén debuxamos o antes e o despois con relación a este conto. 


Ningún comentario:

Publicar un comentario