venres, 12 de novembro de 2021

REAPERTURA DA NOSA BILIOTECA!!

OLA DE NOVO A TODOS E A TODAS!!!

Esta semana inauguramos a nosa biblioteca para o curso 2021-2022, abríndoa ao público. 

Dicir que dende o verán ate agora, todos os mestres e mestras do centro estivemos traballando arreo para conseguir mellorar a nosa biblioteca, converténdoa nun espazo máis acolledor, organizado e funcional, adecuado a idade e características do noso alumnado. 

Esta primeira semana (do 8 ao 12 de novembro), o tempo na biblioteca destinouse a presentar aos nenos e nenas os novos espazos, así como as normas da biblioteca.








Tamén xogamos ao xogo "Libros perdidos", para axudar aos usuarios a desenvolverse axeitadamente na biblioteca. Para isto, primeiro explicámoslle aos nenos en nenas que significado teñen as etiquetas situadas no lombo dos libros (a información que nos aportan sobre o idioma, contido e ubicación na biblioteca) e  vimos os diferentes espazos onde están colocados. 

Logo, seleccionáronse libros de diferentes temáticas e zonas da biblioteca, e repartíronse entre o alumnado, que tiña que buscar cal era o seu sitio. Cando atopaban o sitio, levantaban a man para que pudésemos comprobar se o fixeran ben. 










Ningún comentario:

Publicar un comentario