mércores, 1 de decembro de 2021

MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS; EXPERIMENTOS

 Coa finalidade de conmemorar o mes da ciencia en galego nas bibliotecas, do 22 ao 30 de novembro levamos a cabo a realización de experimentos.

Así, os nenos e nenas realizaron diferentes experimentos, presentándollos aos seus compañeiros e compañeiras de outros niveis. 

O obxectivo desta actividade xira en torno á divulgación da ciencia, e permítenos abordar moitos aspectos de xeito globalizador, como son a comunicación e expresión oral, a formulación de hipóteses... sendo esta unha actividade motivadora, que espertou o interese do alumnado.

Puidemos gozar de moitos e variados experimentos, todos eles moi curiosos, como por exemplo: "a auga", "volcán", "clips flotantes", "pompas irrompibles", "romper un lapis sen rompelo", "prato de cores"...

Aquí compartimos convosco algunhas fotografías, esperamos que vos gusten!



















OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SUSTENTABLE:


Ningún comentario:

Publicar un comentario