mércores, 23 de marzo de 2022

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA

Coa chegada da primavera, a profe Carmen xunto co equipo de Biblioteca, organizou unha sesión de contacontos.
O primeiro conto, "EL JARDÍN DE LAS MARIPOSAS", fala da historia da metamorfose, de cómo as pequenas eirugas se converten en bolboretas.  
Ao alumnado gustoulle moito xa que era un libro pop-up, cunhas esculturas recortadas de cores vistosas e brillantes que se ían desplegando páxina a páxina e todo un xardín encantado ía aparecendo ante os nosos marabillosos ollos.









O segundo libro, "EL VIAJE", narra o relato en primeira persoa da terrible viaxe que emprenderá unha familia para escapar da guerra e intentar encontrar un lugar para poder formar un novo fogar.
Un conto baseado nunha historia real, cuxas imaxes logran acercar e facer comprensible o inimaxinable.









OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SUSTENTABLE:




Ningún comentario:

Publicar un comentario