EXPOSICIÓN DESCUBRINDO O MUNDO

 "Descubrindo o Mundo" é un proxecto que realizou con moita ilusión toda a comunidade educativa do Ceip Santa María do Castro. Partindo do noso proxecto de centro, que este ano versa sobre o V Centenario da 1ª Volta ao Mundo, e a vida do autor homenaxeado nas Letras Galegas, FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN, a quen os avatares da época na que viviu e o seu compromiso social o levaron a ter que saír do seu país e exiliarse, pensouse nunha exposición que recollera material procedente de diferentes lugares do mundo.

A inauguración será o vindeiro 6 de maio ás 12:00 h no centro social de Cabo de Cruz. As familias poderán visitar dita exposición durante todo o mes de maio.

Dende aquí queremos agradecer a participación das familias pola súa aportación de obxectos, de gran valor para elas, que fixeron posible esta exposición.




Hecho con Padlet

Ningún comentario:

Publicar un comentario