xoves, 27 de outubro de 2022

SESIÓN DE CONTACONTOS DE 4º DE PRIMARIA

Achégase o SAMAÍN, a festa de orixe celta, que se celebra a noite do 31 de outubro ao 1 de novembro. É tanto unha festa de transición (o inicio ao novo ano celta) como de apertura ao outro mundo.

Con personaxes típicos do Samaín (caveiras, pantasmas, meigas e arañas...), o alumnado de cuarto de primaria tratou de rachar estereotipos e crearon historias que non dan medo. Así Canguelín, unha pantasma que non asusta, senón que se asusta, Caveiriña que xa ten un sitio na aula, a bruxa Catuxa ou a Araña que todo o apaña...contan en primeira persoa algo que lles acontece na noite do 31 no noso colexio.

O alumnado de dito curso foi a contarlles as súas historias aos demais cursos de primaria.

Pasárono de medo!!!!


                          OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SUSTENTABLE:


 





Ningún comentario:

Publicar un comentario