mércores, 22 de novembro de 2023

A IGUALDADE NON TEN TRUCO-ESPECTÁCULO DE MAXIA

 Esta mañá todo o alumnado do noso centro puido desfrutar do espectáculo "A igualdade non ten truco" da man da compañía "Magia en la manga".

Este espectáculo está relacionado cos valores que traballamos no 25N "Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres".

Estes dous magos, Sara e Carlos, a través de divertidos e sorprendentes trucos de maxia, foron falándonos e facéndonos coñecedores de varias mulleres magas que existiron anos atrás, e das que probablemente non escoitamos falar.

ENCANTOUNOS!!!

Grazas a AFA Loureda por traernos un pouco de maxia en igualdade!





Ningún comentario:

Publicar un comentario