Hoxe 4º e 5º de educación infantil asistimos a unha obra de teatro na Cachada.
A obra que vimos foi "As palabras perdidas". Esta obra pretendía facernos reflexionar sobre o galego e o seu uso; xa que hoxe en día moita xente non usa esta fermosa lingua que temos a sorte de ter.
A través deste título "as palabras perdidas" os actores queríannos amosar como poden desaparecer certas pañabras da lingua galega por falta de uso.
Esta obra de teatro foi súper amena e divertida! Encantounos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario