mércores, 24 de abril de 2024

CLUB DE LECTURA DE NARRATIVA

 Hoxe no Club de Lectura de Narrativa comentamos o libro "Contigo na nube", unha historia que trata de forma moi directa o Acoso Escolar a través da narración, o comic e o teatro, todo nun mesmo libro!

Aínda que nos resultou un libro algo complicado, parecéronnos moi interesantes as distintas perspectivas que amosa desta forma de violencia, así como as estratexias que podemos empregar para intervir se algún día nos atopamos cunha situación parecida.

Para complementar a actividade, e darlle visibilidade a este tema, as nosas lectoras están elaborando un mural contra o acoso escolar. Está quedando chulísimo!











Ningún comentario:

Publicar un comentario