Hoxe deron comezo os clubs de lectura. Este ano organizamos 3 clubs para a rapazada: un de teatro, narrativa e poesía, outro de cómic-manga e outro de inglés; e outro a maiores para as familias. Nesta primeira xuntanza convocamos a todo o alumnado que participa nalgúns dos clubs, explicamos cal vai a ser o seu funcionamento e repartimos unha bolsa cunha libreta, un bolígrafo, un marcapáxinas e un calendario, así c os primeiros libros dos distintos clubs.
Os nenos e nenas poderán descubrir historias cheas de emoción, risas e aventuras, mentres comparten o gusto por ler cos seus compañeiros/as. Ler xuntos é moito máis divertido!






Ningún comentario:
Publicar un comentario