O luns impartiuse unha formación para o profesorado sobre os comunicadores dinámicos e a linguaxe natural asistida. Falamos da importancia de coñecer como comunicarnos con aquelas persoas que presentan desafíos na comunicación, de escoitar, observar e respectar o seu ritmo, e tamén de coñecer cómo ensinar e modelar aquel vocabulario máis relevante: xa que as palabras que empregamos importan, e moito 💬
Foi unha xornada para facer equipo, reflexionar xuntos e entender que comunicar é algo que se constrúe entre todos/as. Falamos tamén de modelar con naturalidade, de experimentar co vocabulario nas rutinas diarias e de dar valor a cada intento de comunicación.
Porque comunicar é conectar, e cando compartimos estratexias, ilusión e respecto, abrimos portas a unha comunicación máis inclusiva, significativa e humana


Ningún comentario:
Publicar un comentario