Hoxe tivemos a gran sorte de recibir a Emilio, técnico medioambiental, que veu a presentarnos o proxecto "Sementa vida, sementa futuro”. A través desta proposta, o alumnado aprenderá conceptos relacionados co medio ambiente máis próximo: que é unha comunidade de montes, recoñecer e identificar árbores autóctonas, usos e beneficios de distintas árbores e plantas autóctonas, etc.


Ningún comentario:
Publicar un comentario