Este ano o club de cómic ven cheo de enerxía, son moit@s os que se animaron a participar. Tantos, que tivemos que organizarnos en tres grupos. Cada un está lendo unha colección diferente para despois intercambialas e que tod@s poidan descubrir novas historias.
Nesta reunión xa comezamos con xuntanzas en diferentes días. Hoxe tivemos a primeira deste trimestre. Falamos do cómic que limos, que nesta ocasión foi Astérix e Obélix, e non faltaron nin as risas nin os comentarios divertidos sobre as súas aventuras. Entre opinión e opinión, repartimos o seguinte título que imos ler: Yotsuba.
Para rematar a sesión, puxémonos creativos e fixemos un caleidociclo, mesturando cores, formas e moita imaxinación.
Como sempre, o club de cómic foi un espazo para pasalo ben, compartir e gozar xuntos.





Ningún comentario:
Publicar un comentario