xoves, 7 de maio de 2026

RESOLUCIÓN DE CONFLITOS CON EXERIA

 Hoxe con Alba de Exeria, os nenos e nenas de 5° empregaron monicreques para representar diante do alumnado de 3° distintas situacións de conflito que poden xurdir na escola.

A través destas pequenas esceas reflexionaron sobre como se senten as persoas implicadas e que solucións poden axudar a resolvelos de xeito respectuoso e pacífico. Foi unha actividade moi enriquecedora para aprender a dialogar, escoitar e convivir.







Ningún comentario:

Publicar un comentario