luns, 16 de novembro de 2026

 Expresión corporal e mímica representando profesións e vivenciando emocións.

Hoxe, na sesión de teatro, comezamos cunha activación corporal para preparar o noso corpo e poñernos en movemento. A continuación, saudámonos representando diferentes situacións da vida cotiá. Tamén xogamos a imitar e representar distintos oficios e ao divertido xogo das estatuas. Para rematar a sesión, realizamos algúns exercicios de ioga, que nos axudaron a relaxarnos e volver á calma.













Ningún comentario:

Publicar un comentario