O día 24 de abril, fomos ao Parque Infantil de Tráfico (programa de Educación Vial) que estaba no pavillón do centro de Praia Xardín en Boiro. Ao chegar alí entregáronnos un carnet de conducir coas nosas fotos. Estaban guais! Antes de empezar o circuito , tivemos que esperar un pouco, porque os primeiros que empezaron o circuito foron os de 5º curso, despois nós e por último o almnado de 3º. Os vehículos eran: os kars e as bicicletas. Tamén andivemos de peóns. Despois, de dar unhas cantas voltas ao circuito, tocounos ver un vídeo e bailar unha canción de Mamá Cabra que se chamaba "Nós imos cruzar".
Grazas, Xoana, por conseguir traer a pista de karts. Para o alumnado de Educación Vial é un auténtico premio.
ResponderEliminar