venres, 26 de marzo de 2021

CONTACONTOS

 Aproveitando que o día 2 de abril se celebra o Día do libro infantil e xuvenil 📗📘📙, levamos a cabo tamén na biblioteca contacontos, por parte do alumnado. Así, os nenos e nenas escolleron un libro dos dispoñibles na biblioteca, e contáronllo aos seus compañeiros/as. 

Esta actividade gustoulles aos nenos/as, e ademais axúdalles a desenvolver certas habilidades, como é a expresión oral, a vencer o  medo a falar en público, e a favorecer tamén a improvisación e linguaxe espontánea. 





Ningún comentario:

Publicar un comentario