venres, 26 de marzo de 2021

BOOKTUBERS

Aproveitando que o día 2 de abril se celebra o Día do libro infantil e xuvenil 📗📘📙, levamos a cabo na biblioteca actividades, como os "booktubers". Nesta actividade, o alumnado de 5º e 6º curso, a través dun vídeo, recoméndalle un libro aos seus compañeiros e compañeiras. Foi unha actividade moi dinámica e atractiva, que lle gustou moito aos nenos e nenas, atraendo o seu interese, tanto á hora de levala a cabo como de escoitar as propostas e recomendacións dos compañeiros/as. 

 Facilitámoslle aos nenos e nenas un guión para axudalos a crear o seu discurso , dándolle paautas básicas, e incluíndo tamén exemplos de vídeos de outros nenos/as. Aquí deixamos o guión










Ningún comentario:

Publicar un comentario