PROXECTO CORALS

 O noso centro, dende o curso pasado está participando no proxecto CORALS, en colaboración co Grupo de Nutrición Pediátrica do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela. 

O progama CORALS, en inglés (Childhood Obesity Risk Assessment Longitudinal Study), é un estudo dirixido ao alumnado infantil (de 3 a 6 anos), polo que o centro educativo colaborará durante un período de 10 anos na identificación dos factores de risco da obesidade nos máis pequenos. 

Cada curso realizarase un seguimento anual, a través da elaboración de cuestionarios sobre a actividade e a alimentación, tendo en conta tamén a recollida de mostras. 

Este estudo determinará a incidencia da obesidade en función da exposición a diferentes factores de risco (alimentación, fraccionamento das comidas, actividade física, sedentarismo, patrón de sono...).

O seu obxectivo principal é identificar os factores de risco da obesidade infantil así como cuantificar o risco de cada un deles. 

Desta maneira, un equipo de persoal acudiu ao noso centro, para medir, pesar e realizar probas de esforzo e contorno abdominal aos nenos e nenas que participan no proxecto. 








Ningún comentario:

Publicar un comentario