martes, 30 de xaneiro de 2024

RECOLLIDA DE LIXO

 Para conmemorar o Día da Paz (30 xaneiro) facémolo organizando unha recollida de lixo, tendo en conta que o noso PDI deste curso é a "Gastronomía sostible". 

O alumnado de 6º de educación infantil e de primaria, foron camiñando ata a praia de Carragueiros, onde recolleron lixo, xunto coa asociación Amicos. Alí clasificaron os residuos e desfrutaron da natureza e do aire libre. 

 O alumnado de 4º e 5º de infantil quedaron no centro, recollendo lixo do patio e das zonas comúns. 

Temos que dicir que o noso patio estaba bastante limpo, e estamos orgullosos e orgullosas disto!










Ningún comentario:

Publicar un comentario