Esta semana no CLub de lectura de narrativa compartimos o libro "Un segredo entre as nubes".
Foi todo un éxito entre as nosas lectoras, ás que lles gusta moito a lectura fantástica e a intriga. Despois de comentar o que máis nos gustou do libro e afondar nalgunhas das súas escenas, elaboramos uns "squishys" con forma de nube feitos con fieltro e recheos de bolsas recicladas.
Foi toda unha experiencia isto de iniciarnos na costura!
Xa estamos intrigadas por ver as aventuras que nos deparará o seguinte libro escollido: "La niña invisible".
Ningún comentario:
Publicar un comentario